CITIC

Entrega do Premio Nacional de Informática a Nieves Brisaboa

06/11/2019

A investigadora do CITIC Nieves Brisaboa recibiu onte o Premio Nacional de Informática, concedido pola Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA. O acto de entrega tivo lugar na sede da Fundación BBVA en Madrid.

Este galardón é un dos máis prestixiosos a nivel nacional no ámbito da enxeñaría informática e está dirixido a recoñecer o labor de investigadores e entidades na área da informática que dedican a súa carreira profesional ao estudo, fortalecemento e divulgación desta disciplina. En concreto, Neves Brisaboa recibiu o Premio Ángela Ruiz Robles, debido a “os seus traballos de investigación e innovación relacionados coa Xestión de Datos, así como as súas iniciativas nos campos da transferencia de coñecemento en relación con empresas e institucións públicas e a creación de empresas de base tecnolóxica”, como apuntou o xurado.

Na anterior edición, dous investigadores do CITIC foron tamén condecorados nos Premios: Ramón Doallo recibiu o Premio Aritmel e David Vilares foi galardonado co Premio Novos Investigadores Informáticos.

Nieves Brisaboa con diferentes membros da UDC.