CITIC
IES Elviña 1

Estudante de 1º de bacharelato do IES de Elviña coñecen os proxectos do CITIC

10/06/2021 – CITIC

Hoxe o CITIC recibiu a visita dun grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato da materia de Tecnoloxía do IES de Elviña.

Para comezar, o subdirector do CITIC, Javier Pereira, realizou unha presentación do centro e as súas capacidades.

Posteriormente, o responsable da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro, explicoulles o funcionamento do Centro de Procesamento de Datos (CPD) do CITIC.

A visita concluíu na sala Demostrador Tecnolóxico, recentemente inaugurada, onde o alumnado tivo a oportunidade de coñecer varios proxectos desenvolvidos no CITIC e probar diferentes aplicacións desenvolvidas con tecnoloxía de realidade virtual e interacción co mundo físico.