CITIC
CPR Tirso de Molina de Ferrol (2)_

Estudantes do CPR Tirso de Molina de Ferrol visitan o CITIC

28/06/2021 – CITIC

Este luns 28 de xuño visitaron o CITIC un grupo de catro estudantes de 1º de bacharelato e dous profesores do CPR Tirso de Molina de Ferrol que están a participar nun proxecto STEMbach sobre “Impresión 3D de produtos de apoio para persoas con diversidade funcional”, dirixido pola investigadora Thais Pousada, quen os recibiu no centro.

Os visitantes fixeron un percorrido polo CITIC e coñeceron diferentes proxectos na sala de demostradores. En concreto, descubriron a impresora 3D e algunhas das pezas impresas nela. Tamén probaron as lentes de realidade virtual, con escenarios virtuais que se están realizado desde o CITIC para a autonomía de persoas con discapacidade.