CITIC
Visita Virxe da Cela_

Estudantes europeos participantes nun programa Erasmus+ visitan o CITIC

08/04/2022 – CITIC

Este xoves 7 de abril o CITIC recibiu a visita dun grupo alumnos e alumnas que participan nun programa Erasmus+, coordinado desde o CPI Virxe da Cela de Monfero. Coñeceron o CITIC un total de 27 estudantes acompañados por 10 profesores e profesoras, procedentes de Romanía, Turquía, Portugal e Finlandia.

A visita comezou na sala Cloud cunha charla sobre Intelixencia artificial e robótica a cargo do investigador Francisco Bellas, que explicou algún dos proxectos nos que está a traballar e a integración da intelixencia artificial na nosa vida cotiá.

A continuación, o alumnado coñeceu o CPD (Centro de Proceso de Datos) grazas ao coordinador de Sistemas, Carlos Dafonte. O percorrido finalizou no Demostrador Tecnolóxico, onde tiveron a oportunidade de coñecer e probar diferentes desenvolvementos de realidade virtual realizados no centro, así como algunhas propostas comerciais, da man do investigador Manuel Lagos.