CITIC

Exposición no Parlamento Europeo sobre a Misión Espacial Gaia, na que participan investigadores do CITIC

07/03/2019

O Parlamento Europeo de Bruxelas acolleu esta semana unha exposición sobre a Misión Espacial Gaia, na que participan varios investigadores do CITIC dentro do Grupo Gaia de Galicia. A exhibición, titulada “The Gaia Space Mission: A Triumph of European Science and Technology”, tivo lugar do 4 ao 7 de marzo co obxectivo de celebrar o éxito da misión e explicar a ciencia e a tecnoloxía que hai detrás do mesmo. O evento celebrouse en colaboración coa Axencia Espacial Europea e a Sociedade Astronómica Europea.

A Misión Espacial Gaia é unha sonda especial da Axencia Espacial Europea, lanzada o 19 de decembro de 2013 co obxectivo de crear un mapa tridimensional da Vía Láctea no proceso de revelar a composición, formación e evolución da galaxia.

O Grupo Gaia de Galicia (GGG) está formado polos investigadores do CITIC, a astrofísica Minia Manteiga e o enxeñeiro informático Carlos Dafonte. O proxecto contempla facilitar á comunidade científica española o acceso inmediato aos datos de Gaia e ás ferramentas e recursos desenvoltos durante a participación.