CITIC

Fidel Cacheda asiste á Asemblea Xeral Anual da European Cyber Security Organisation (ECSO)

11/09/2020 – CITIC

O investigador da área de Ciencia e Enxeñaría de Datos e Ciberseguridade do CITIC, Fidel Cacheda, participou na Asemblea Xeral Anual da European Cyber Security Organisation (ECSO). O investigador do CITIC é membro do comité de expertos do WG6, un dos grupos de traballo composto polos membros de ECSO que abordan temas centrados en Tecnoloxías de Seguridade Cibernética.

Na Asemblea tratáronse temas como a renovación dos membros do Comité de Dirección, a aprobación das contas de 2019 e a situación financeira do presente ano.

O principal obxectivo de ECSO é desenvolver un ecosistema europeo de ciberseguridade competitivo, apoiar a protección do mercado único dixital europeo con solucións confiables de ciberseguridade e contribuír ao avance da autonomía dixital europea.