11/03/2020
O investigador do CITIC Fidel Cacheda asistiu o pasado mes de febreiro en Bruxelas á reunión dun comité de expertos do WG6 da European Cyber Security Organization (ECSO). O encontro tivo o obxectivo de traballar nas prioridades en ciberseguridade para o Horizon Europe e para o Digital Europe Programme.
O WG6 é un dos grupos de traballo composto polos membros de ECSO que abordan temas centrados en Tecnoloxías de Seguridade Cibernética. O principal obxectivo de ECSO é desenvolver un ecosistema europeo de ciberseguridade competitivo, apoiar a protección do mercado único dixital europeo con solucións confiables de ciberseguridade e contribuír ao avance da autonomía dixital europea.