Fidel Cacheda participa nunha reunión da ECSO como membro do comité de expertos do WG6
08/05/2020
O investigador do CITIC Fidel Cacheda participou na 15ª reunión do comité de expertos do WG6 da ECSO (European Cyber Security Organization). A reunión tivo lugar en formato online este xoves 7 de maio.
O WG6 é un dos grupos de traballo composto polos membros da ECSO, centrado na Strategic Research and Innovation Axenda (SRIA) e as Ciber Tecnoloxías. As actividades do WG6 xiran en torno a catro áreas principais para definir as prioridades en ciberseguridade do Horizonte Europa e o Digital Europe Programme (DEP): sociedade e cidadáns; transformación dixital en verticais; datos e economía; e tecnoloxías básicas e disruptivas.
Tamén se anunciaron dous webinars asociados á actividade do WG6, enmarcados nunha serie de 10 seminarios que reunirán á comunidade do ámbito da ciberseguridade nacional e europea nos sectores público e privado. Os seminarios están estruturados en torno a unha estratexia para validar e reforzar a visión dunha ciberseguridade europea e o seu valor engadido para todos os seus interesados.