CITIC
INSPIRASTEAM

Formación de mentoras do programa Inspira STEAM 2021/2022

O próximo 2 de febreiro terá lugar na sala Cloud do CITIC a xornada formativa destinada a mentoras e mentores do ámbito académico, empresarial e da investigación que participarán no programa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022, coordinado pola investigadora do centro Verónica Bolón.

A formación terá unha duración de 8 horas e será impartida por Ander Mimenza Aurrecoechea, coach, formador e consultor especializado en desenvolvemento organizacional e de persoas.

Unha vez realizada a xornada formativa, desenvolveranse 6 sesións de traballo en centros educativos de educación primaria da provincia da Coruña cos obxectivos de facilitar ao alumnado novos referentes de mulleres científicas e tecnólogas, dar a coñecer as profesións STEAM, sensibilizar e orientar sobre os estudos en ciencia e tecnoloxía, visibilizar e poñer en valor ás mulleres STEAM da historia, así como dar a coñecer os estereotipos existentes nestas áreas para que non condicionen as decisións de nenas e nenos.

O nodo Inspira STEAM A Coruña conta tamén co apoio do Campus Innova da UDC, dirixido pola investigadora Susana Ladra.

Programa

1ª Parte: Habilidades de mentoring (4 horas).

  • A escoita.
  • Modelos de acompañamento e aprendizaxe.
  • O cambio de observador.
  • Crenzas e xuízos.
  • A intelixencia emocional.

2ª Parte: Perspectiva de xénero (3 horas).

  • Paradigma da igualdade.
  • Estereotipos de xénero.
  • A linguaxe inclusiva.

3ª Parte: Uso de materiais (1 hora).

  • Programa de 6 sesións.
  • Deseño dunha sesión.
  • Resolución de dubidas.