CITIC

Francisco Bellas, membro do grupo de expertos que definirá un programa de Intelixencia Artificial no ensino en Galicia

16/03/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Francisco Bellas foi designado membro do grupo de expertos que definirá un programa para implementar a Intelixencia Artificial en todas as etapas do ensino en Galicia, impulsado pola Xunta de Galicia.

Esta iniciativa ten como obxectivo abordar a Intelixencia Artificial en todos os niveis de educación, desde a base do sistema en primaria ata a universidade. Así, introducirase a materia dunha forma transversal en todo o sistema, con contidos específicos para as etapas superiores e formación integral do profesorado.

O grupo de expertos está formado por profesionais das tres universidades galegas e docentes especializados en novas tecnoloxías que contan cunha ampla experiencia previa nas aulas, así como por técnicos da administración. Cabo destacar que Francisco Belas coordina o proxecto AI+ (Developing an Artificial Intelligence Curriculum adapted to European High School), proxecto europeo de innovación educativa que ten o obxectivo de desenvolver un plan de estudos de Intelixencia Artificial adaptado á educación secundaria en Europa.