CITIC
ConectandoCerebroordenador

Francisco Laport participa no coloquio “Conectando o cerebro a un ordenador”

06/07/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Francisco Laport será un dos relatores do coloquio “Conectando o cerebro a un ordenador”, que terá lugar o próximo 8 de xullo. É unha das primeiras charlas do contido online organizadas desde a Maker Faire Galicia para achegar durante todo o ano o máis destacado do ecosistema maker.

Francisco Laport xunto cos Chapter Lead de NeuroTechGAL, Clara Etchevers e Javier Serrano, abordarán as Interfaces Cerebro-Computador (BCI), explicando o seu funcionamento e como afecta ao ser humano. Ademais, o investigador do CITIC presentará unha Interfaz Home-Máquina deseñada con compoñentes abertos e de baixo custo para o control dunha casa intelixente a través de distintos sinais biolóxicos.

A Maker Faire Galicia acaba de celebrar a súa sétima edición, sendo un gran escaparate para a creatividade e o enxeño, e chegando a makers de máis de 50 países. Co obxectivo de continuar co crecemento da comunidade, a plataforma online da Maker Faire Galicia ofrecerá contidos durante todo o ano, relacionados co mundo da innovación, o emprendemento, a tecnoloxía e o ecosistema maker, en forma de charlas, talleres e diferentes actividades nas que se compartirá coñecemento en aberto.

Máis información