CITIC

Fundamentos do sistema de patentes, 19 de setembro 2013

19/09/2013

Objetivo del AULA DE INNOVACION Y TRANSFERENCIA
Con el objetivo de facilitar a los investigadores de la Universidad de la Coruña el conocimiento sobre los diferentes aspectos y mecanismos de colaboración y de transferencia de los resultados de su investigación a las empresas, se ha organizado un programa completo de formación específica sobre diferentes aspectos relacionados con la transferencia denominado AULA DE INNOVACION Y TRANSFERENCIA, coordinado por el Vicerrectorado de Investigación de la UDC, la OTRI, la Fundación FUAC, el Centro de investigación CITIC y el Consello Social.

Este programa está formado por 15 cursos en 4 bloques temáticos enfocados a:

  •     INTRODUCIÓN Á COLABORACIÓN UNIVERSIDADE- EMPRESA (junio y julio 2013)
  •     PROTECCIÓN DE RESULTADOS DE INVESTIGACIÓN: PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL (setembro e outubro 2013)
  •     ACCESO A PROXECTOS INTERNACIONAIS (novembro 2013)
  •     CREACIÓN DE EMPRESAS DESDE AS UNIVERSIDADES (xaneiro 2014)



OBJETIVO DEL CURSO
Dentro del segundo bloque temático centrado en la PROTECCIÓN DE RESULTADOS DE INVESTIGACIÓN: PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL se ha considerado importante:

  • Proporcionar unha visión das diferentes modalidades de protección de resultados de investigación
  • Informar sobre as cuestión básicas sobre patentes e modelos de utilidade, que debe facer un investigador cando cre ter unha invención patentable
  • Achegar aos investigadores información sobre os requisitos de patentabilidade: que se pode e que non se pode patentar,
  • Concienciar aos asistentes sobre a importancia da información obtida a través das patentes: As patentes somo fonte de información tecnolóxica

Público obxectivo
Este curso está dirixido a persoal investigador da Universidade da Coruña.


Metodoloxía
Acción formativa de 8 horas de duración combinando cuestións teóricas con análise de casos prácticos. Fomentarase a interacción e participación activa dos asistentes. Entregarase copia da documentación do curso.

TEMARIO
1. Os dereitos de Intellectual property (propiedade intelectua-industrial) no mundo actual

  •     A natureza negativa dos dereitos de PI, a súa globalización e importancia económica
  •     A protección das obras de creación: os dereitos de autor e afines. Creación, duración e proba
  •     Rexistro de programas de ordenador
  •     A protección da distintividade: marcas e indicacións xeográficas
  •     Requisitos de rexistrabilidade
  •     A protección fronte a competencia desleal
  •     A protección da forma ou da apariencia externa: o deseño industrial (modelos e debuxos)
  •     A protección da información confidencial (secreto industrial e know how)
  •     Complementariedade entre patentes e secretos


2.- Cuestións básicas sobre patentes e modelos de utilidade: Que é o primeiro que debe facer o investigador cando cre ter unha invención patentable

  •     A patente como dereito negativo e como instrumento ofensivo.
  •     Descubrimentos vs. Invencións: aplicabilidade industrial
  •     Posiblidade de solicitar patentes e (despois) realizar publicacións científicas
  •     Valoración de patentes: IP due diligence
  •     Tipos de patentes e duración
  •     Dereito de prioridade e o custo asociado á redacción e tramitación da solicitude prioritaria
  •     A extensión da protección a diferentes países: Vías para a tramitación: procedementos nacionais, europeo e PCT. Custe da solicitude PCT
  •     Os modelos de utilidade en España e as incertezas sobre o requisito de novidade nacional
  •     A extensión da duración: certificados complementarios de protección
  •     proxecto de patente unitaria


3.- As patentes como fonte de información tecnolóxica: patent documentation & patent information retrieval

  •     As patentes como principal fonte de información técnica: tamaño, exclusividade rapidez
  •     Como obter e ler un documento de patente: partes do documento de patente
  •     Códigos de publicacións e referencias
  •     Estrutura do documento: primeiras páxinasa, códigos INID,
  •     Exemplo detallado dunha solicitude: descrición e reivindicacións
  •     Como localizar patentes e buscar o estado da técnica pertinente
  •     Importancia da documentación de patentes
  •     Solicitudes sin prioridade
  •     Familias de patentes
  •     Exemplos de procuras na base de datos gratuítas: Espacenet e webs das oficinas de patente


4.- Inventoría e requisitos de patentabilidade: Que se pode – e que non se pode- patentar, e que merece a pena ser patentado

  •     Dereitos do inventor e invencións laborais: propietarios vs. inventores
  •     Invencións académicas en Españas: art. 20 LP. Participación dos inventores académicos nos beneficios economicos
  •     Compromiso de confidencialidade e material transfer agreements
  •     Contratos de licencia e de cesión
  •     Razóns para solicitar patentes
  •     Excepcións á patentabilidade
  •     Carácter técnico. Novidade: estado da técnica pertinente. Divulgacións inocuas
  •     Actividade inventiva: estado da técnica pertinente. O experto na materia. Determinación de se é obvio ou non mediante a aproximación problema-solución. Indicios secundarios de presenza/ausencia de actividade inventiva
  •     Suficiencia da descrición
  •     Oposicións e accións xudiciais de nulidade 


5.- Infracción de patentes: freedom to operate

  •     Dereitos concedidos e actos prohibidos
  •     Relación entre o que está reivindicado e o que está protexido
  •     Infracción directa e indirecta (por contribución ou por indución)
  •     Responsabilidade de danos e prexuízos
  •     Determinación do alcance da protección mediante interpretación literal e mediante interpretación non literal (por equivalencia) das reivindicacións. Criterios para xulgar a equivalencia
  •     Accións xudiciais por infracción
  •     Esgotamento do dereito de patente: comercio paralelo de medicamentos na U.E.
  •     Dereito de uso previo
  •     Inversión da carga de proba
  •     Dilixencias de comprobación de feitos
  •     Medidas preventivas
  •  

PONENTE
O profesor Pascual M. Segura Cámara, licenciado en ciencias químicas pola Univ. de Valencia, doutor en química por la UB con Premio Extraordinario, investigador postdoutoral na Univ. de California, e axente da propiedade industrial. Traballou na UB como profesor titular de química orgánica e, desde 1987 é delegado do Reitor como director-fundador do Centre de Patents. Organizou a maior parte dos cursos realizados en España para formación de profesionais de patentes, normalmente en colaboración coa OEPM e a EPO. Como profesor invitado, impartiu cursos doutras universidades e escolas de negocios (Magister Lvcentinvs de la Univ. de Alicante, Masters IP&IT y Innovation & Entrepreneurship de ESADE, Master I+D de Medicamentos de la Univ. de Navarra, Master in the Economics of Science and Innovation de la Barcelona Graduate School of Economics, etc.). Publicou numerosos artigos sobre patentes, tanto de divulgación como especializados en cuestións de patentabilidade e infracción. Participa nos principais foros e asociacións sobre o tema. É experto en cuestións prácticas e xurídicas sobre patentes químicas, farmacéuticas e biotecnolóxicas, e actúa como perito nos tribunais. É o fundador e presidente da sección técnica Patentes do Colegio Oficial de Químicos de Cataluña, no que tamén é vicedecano. A proposta da OEPM foi un dos catro membros electos do primeiro Academic Advisory Board da European Patent Academy da EPO.

LUGAR Y HORARIO
19 de setembro 2013, de 9:30 h. a 14:00 h e de 16:00h a 19:30 h
Salón de actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña. Posibilidade de videoconferencia co Campus de Ferrol
 
INSCRIPCIÓN
Matrícula gratuíta. O prazo de inscrición de cada curso estará aberto ata o día anterior á súa realización.
Para formalizar a inscrición deberase acceder ao seguinte enlace. No boletín de inscrición deberase indicarse o grupo de investigación ao que pertence.Persona de contacto para a inscripción: Silvia Sánchez (mail:sisanchez@udc.es), Fundación Universidade da Coruña, extensión 4458.
Inscricións por orde de chegada. Priorizarase a inscrición dunha persoa por cada grupo de investigación da UDC.

ACREDITACIÓN
Recoñecemento a efectos de acreditación dentro dos programas de formación docente