CITIC

Galicia Open Future presenta o Reto COFRICO

08/11/2019

Galicia Open Future, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e Telefónica co obxecto de apoiar o sector industrial de Galicia, presenta o Reto COFRICO, que leva o título de “Como poden as novas tecnoloxías mellorar a interacción con elementos dun sistema de eficiencia enerxética para mellorar o seu mantemento preditivo?”.

Esta iniciativa consiste no lanzamento de convocatorias da man de empresas referentes no seu sector, para que startups e pemes colaboren coas mesmas fomentando a innovación e a transformación dixital desde dentro da corporación. Así, aspira a posicionarse como punto de conexión entre o novo talento emprendedor dixital e as empresas tractoras de Galicia.

Nesta liña, lánzase o Reto COFRICO, cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 27 de novembro. A empresa apunta que “en este reto buscamos participantes (emprendedores, startups, pemes, centros tecnolóxicos, universidades, ou unha colaboración entre elas) que axuden a COFRICO a mellorar e facer máis eficiente o proceso de estudo, descubrimento e actuación sobre as instalacións existentes dos seus clientes, conectándose con sistemas dos que actualmente é moi complicado recompilar información”.

A solución presentada pode dar respuesta total ou parcial ao reto, e o proxecto gañador terá a oportunidade de desenvolver un piloto real sufragado por COFRICO, así como acceso a importantes axudas económicas por parte da Xunta de Galicia.  

O vindeiro xoves 14 de novembro terá lugar unha sesión na que a empresa levará a cabo a definición do reto, nunha sesión que será retransmitida vía streaming neste link https://cdtic.xunta.gal/es.