CITIC

Guillermo López Taboada impartiu unha charla no CfACS da Manchester Metropolitan University

30/03/2020

O investigador do CITIC Guillermo López Taboada impartiu unha charla o pasado 11 de marzo no Centre for Advanced Computational Science (CfACS) da Manchester Metropolitan University (Reino Unido), onde realizou unha estancia de investigación de dous meses. Na charla, o investigador resumiu o traballo realizado durante este período, que se centrou en estudar o potencial da análise masiva de datos para a Mobilidade como Servizo (MaaS) e o seu impacto nunha economía baixa en carbono.

Guillermo López Taboada cooperou nesta estancia con investigadores do CfACS, traballando con datos das axencias de transporte urbano co obxectivo de proporcionar indicadores de eficiencia e sustentabilidade en tres cidades europeas que son punta de lanza neste tema, grazas aos seus múltiples proxectos H2020 en mobilidade intelixente (Mánchester), iniciativas open data (Londres) e a ser o principal laboratorio mundial de mobilidade persoal eléctrica a través do car/moto/scooter-sharing (Madrid).