CITIC
13,00 h.-    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentará Galicia futura, a terceira exposición conmemorativa do Xacobeo 21-22. No salón de convencións do Edificio CINC (Monte Gaiás, s/n).

foto xoán crespo
31/05/2021

Guillermo López Taboada participa como asesor da exposición Galicia Futura

03/06/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Guillermo López Taboada participa como asesor no ámbito da informática da exposición ‘Galicia Futura’, impulsada pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 2021. Esta mostra inaugurarase o 14 de xullo no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

Esta exposición funcionará como unha plataforma para dar a coñecer a innovación que se está levando a cabo en Galicia, mostrando as iniciativas que se están levan a cabo desde distintas áreas de coñecemento. Así, medio centenar de creadores de diferentes ámbitos das artes plásticas, as letras, as ciencias e o audiovisual exhibirán proxectos destacados.

O investigador do CITIC e fundador da empresa Torusware, Guillermo López Taboada, forma parte do comité asesor que colabora no proxecto, composto por 19 profesionais das artes e as ciencias de recoñecido prestixio.

Cabe destacar que a divulgadora científica Deborah García Bello, investigadora do CICA da UDC, é a comisaria da mostra, xunto co divulgador cultural Miguel Ángel Cajigal Vera.