CITIC
XoveTIC2

Hoxe abre o prazo de recepción de abstracts do V Congreso XoveTIC, que se celebrará o 5 e 6 de outubro

27/05/2022 – CITIC

O V Congreso XoveTIC organizado polo CITIC, unha cita referencial para dar visibilidade ao talento tecnolóxico das novas xeracións de investigadoras e investigadores, celebrarase en outubro, os días 5 e 6.

O lema desta edición será “En 2022 vémonos”, pois tras dous anos de celebración virtual, o congreso retoma o formato presencial das primeiras edicións.

Hoxe ábrese o prazo de recepción de abstracts, que estará aberto ata o próximo 10 de xuño. As contribucións presentadas ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros, e todos os traballos que se acepten serán publicados nun libro de actas.

Entre todas as comunicacións orais presentadas, concederanse cinco premios de 300 euros cada un ás mellor valoradas por parte do Comité Científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade.

Máis información: https://xovetic.citic.udc.es/