HRS4R
(Human Resources Strategy for Researchers)
Co obxectivo de atraer o mellor talento investigador, o CITIC aliña as súas políticas de recursos humanos co HRS4R (Human Resources Strategy for Researchers), recoñecemento conseguido pola UDC en xuño do 2017.
A través deste recoñecemento e da súa adhesión á Carta Europea de Investigadores e ao Código de Conduta para a Contratación de Investigadores, destácase o compromiso de implementar procedementos transparentes de contratación e avaliación dos seus investigadores, tomar responsabilidade en aspectos éticos e profesionais, nas condicións de traballo e, por último, na formación e o desenvolvemento da súa carreira, todo iso coa finalidade de facer máis atractiva a súa carreira investigadora.
Como mostra da contribución do CITIC ao plan de acción do HRS4R, o noso director forma parte dos delegados para o HRS4R.