III Congreso XoveTIC
Do 8 de outubro de 2020 ao 9 de outubro de 2020
Online
Esta nova edición do Congreso XoveTIC celebrarase en formato online debido á crise sanitaria producida polo COVID-19. O evento está destinado a persoal investigador júnior (predoutoral e posdoutoral), que presentarán as súas investigacións no ámbito das TIC.
O obxectivo do congreso é crear un espazo de encontro para o debate científico e contribuír á formación dos asistentes. O III Congreso XoveTIC, cuxa inscrición é gratuíta, supón unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido. Na súa pasada edición, o XoveTIC contou con preto de 100 asistentes e nel presentáronse máis de 50 comunicacións, tanto en formato oral como en póster.
Cabo destacar que o XoveTIC é un congreso xenuino que se diferencia da maioría dos congresos que se celebran en España no ámbito das TIC, nos cales se reúnen investigadores sénior con anos de experiencia. Así, o XoveTIC pode ser o punto de partida de novas investigacións e proxectos que impliquen cambios disruptivos na sociedade e na tecnoloxía tal e como actualmente as coñecemos.
Programa provisional:
8 de outubro de 2020
- Acto de apertura
- Conferencia plenaria: Pilar Vila, CEO e cofundadora de Forensic & Security and DF Tools. Miembro da Asociación Nacional de Ciberseguridad y Pericia Tecnológica (ANCITE)
- Comunicacións orais
- Talleres
9 de outubro de 2020
- Comunicacións orais
- Sesión de pósteres
- Conferencia plenaria
- Sesión de clausura e premios