CITIC

III Convocatoria de Axudas á Investigación para Traballos de Fin de Mestrado lanzada por Impulsa Visión RTVE

25/11/2020 – CITIC

Continúa aberta a III Convocatoria de Impulsa Visión RTVE de Axudas á Investigación para Estudos Oficiais de Posgrao. Nesta edición solicítanse proxectos de Traballo de Fin de Mestrado sobre Intelixencia Artificial aplicada á Redacción Automática de Texto.

Concederanse axudas aos proxectos seleccionados cunha dotación económica de 10.000 euros. Será outorgada unha axuda como máximo por cada unha das tres especialidades seguintes:

  • Bases xornalísticas, materias de aplicación e casos de éxito/fracaso da redacción automática de textos aplicada á produción de contidos informativos para medios audiovisuais.
  • Principais tecnoloxías de IA aplicadas á redacción automática de texto, bases científicas, tecnoloxías, industriais e posibilidades de implantación en medios audiovisuais.
  • Bases xornalísticas, e casos de éxito/fracaso da redacción automática de textos aplicada á produción de contidos informativos destinados especificamente á cobertura de eventos electorais municipais.

O prazo de presentación de proxectos finaliza o 30 de novembro de 2020. A inscrición é gratuíta e pódese realizar a través da web de RTVE.

Máis información