CITIC

Iniciativa AI-Robotics vs COVID-19 da Comisión Europea

15/04/2020

A Comisión Europea lanzou a iniciativa “AI-Robotics COVID-19” para recompilar ideas sobre solucións de Intelixencia Artificial e Robótica, así como información sobre outras iniciativas que poderían axudar a enfrontar a actual crise producida polo COVID-19. O obxectivo é coñecer como as solucións procedentes destas dúas áreas de investigación se poden utilizar para a prevención, diagnóstico e tratamento da enfermidade causada polo virus.

A iniciativa busca crear un repositorio único que sexa facilmente accesible para todos os cidadáns e responsables políticos, e que forme parte da resposta europea común fronte ao brote de COVID-19.

As persoas interesadas poden participar en “AI-Robotics vs COVID-19” de diferentes formas:

– Se desenvolviches un sistema de IA ou creaches unha ferramenta robótica que se pode implementar de inmediato ou no curto ou medio prazo no contexto da prevención, diagnóstico ou tratamento de enfermidades.

– Se de forma individual ou como parte dunha organización lanzaches unha iniciativa que involucra á comunidade e outras partes interesadas nunha discusión sobre o papel que a tecnoloxía (e a IA en particular) podería desempeñar durante a actual crise de atención sanitaria.

– Compartindo ideas e coñecemento a través da participación no foro de debate da Alianza Europea de AI.

Máis información