As persoas que queiran participar no grupo de traballo sobre IA na educación do Centro Europeo de Educación Dixital da Comisión Europea que liderará o investigador do CITIC, Francisco Bellas, teñen ata o 5 de agosto para formalizar a súa inscrición. O acceso ás inscricións pode realizarse a través do seguinte link: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/explainableai
Este novo equipo tentará continuar co alto éxito do anterior Squad 5 liderado por Lidija Kralj, a través do cual elaboráronse un conxunto de informes que lograron un alto impacto no campo.
O grupo de traballo centrarase na “explicabilidade” da IA na educación, termo que se usa no contexto da intelixencia artificial e a aprendizaxe automática para referirse á capacidade dun modelo ou sistema de ser comprendido e explicado en termos comprensibles para os humanos.
Ademais, tamén está aberto o prazo para participar no workshop sobre IA e educación que terá lugar os días 17 e 18 de outubro de 2024 en Bruxelas.
Asegúrate de presentar a túa solicitude ata o 5 de agosto.