CITIC
Visita CITIC proyectos espaciales (1)_

Investigadores da Axencia Espacial Europea e o Instituto de Astrofísica de Andalucía visitan o CITIC

09/06/2021 – CITIC

Este martes 8 de xuño, os investigadores Alejandro Cardesín e Gabriella Gilli visitaron o CITIC para coñecer as liñas de traballo en proxectos espaciais que se desenvolven desde o centro, co obxectivo de establecer unha posible futura colaboración científica. Alejandro Cardesín Moinelo é investigador do Centro Europeo de Astronomía Espacial da Axencia Espacial Europea e Responsable de Operacións Científicas da Misión Mars Express e Coordinación con ExoMars, misións de exploración de Marte operadas pola Axencia Espacial Europea. Pola súa banda, Gabriella Gilli é investigadora do Instituto de Astrofísica de Andalucía e asociada ao Instituto de Astrofísica e Ciencias do Espazo de Portugal.

Na visita, coñeceron as instalacións do centro acompañados polo director do CITIC, Manuel F. González Penedo, e a investigadores da área de intelixencia artificial especializados en proxectos espaciais, Minia Manteiga e Carlos Dafonte.