CITIC

Asistimos en Bruxelas ao EMNLP 2018

05/11/2018

Investigadores da área de Ciencia de Datos e Información do CITIC asisten estes días en Bruxelas a unha nova edición da 23rd Conference on Empirical Methods in Natural Language Processing ( EMNLP 2018). 
Esta conferencia, organizada polo Special Interest Group on linguistic data and corpus based approaches to NLP ( SIGDAT) da Association for Computational Linguistics (ACL), constitúe un dos principais referentes no Procesamento da Linguaxe Natural baseada en Machine Learning. 

Os traballos que se presentarán son os seguintes: 

  • “Constituent Parsing as Sequence Labeling” (conferencia principal) de Carlos Gómez-Rodríguez e David Vilares.
  • “Transition- based Parsing with Lighter Feed- Forward Networks” (Universal Dependencies Workshop – UWD 2018) de David Vilares e Carlos Gómez-Rodríguez.
  • “Dynamic Oracles for Top-Down and In- Order Shift-Reduce Constituent Parsing” (conferencia principal) de Daniel Fernández-González e Carlos Gómez-Rodríguez. 

Por outra banda, en relación a outra liña de investigación, Yerai Doval, estudante de doutoramento, presentará o seu traballo ” Improving Cros- Lingual Word Embeddings by Meeting in the Middle”(conferencia principal) sobre representacións vectoriais densas (” word embeddings”) multilingües. O devandito traballo é froito dunha colaboración coa School of Computer Science and Informatics da Cardiff University.