Investigadores do CITIC imparten unha actividade de análise de datos no IES Miraflores de Oleiros
06/02/2020
Os investigadores do CITIC Ricardo Cao Abad, Ana López Cheda, Inés Barbeito Cal e Rebeca Peláez Suárez impartiron o pasado martes unha actividade de análise de datos con estudantes de primeiro de bacharelato do IES Miraflores de Oleiros, dentro do programa STEMbach. A actividade continuará o vindeiro martes 11.
Os estudantes tiveron a oportunidade de realizar un caso práctico cos investigadores. Ademais, tamén foron orientados sobre a oferta académica da FIC, especialmente en relación co ámbito da ciencia e enxeñaría de datos.
O programa STEMbach, Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, foi creado ao amparo da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, e ten o obxectivo de promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que facilite a incorporación e adaptación ao ensino universitario.