Investigadores do CITIC organizan o Workshop on Hybrid Intelligence for Natural Language Processing Tasks
23/01/2020
Un grupo de investigadores do CITIC organiza o Workshop on Hybrid Intelligence for Natural Language Processing Tasks (HI4NLP), en colaboración con investigadores do CITIUS da USC. O workshop terá lugar o 8 de xuño en Santiago de Compostela, dentro das actividades do ECAI 2020.
HI4NLP constitúe un foro para discutir sobre investigacións sobre a metodoloxía HI para tarefas de PLN. Está aberto a calquera contribución que requira unha análise semántico profundo, como extracción de relacións semánticas, análises do discurso, minería de argumentos, detección de rumores, etc. As estratexias poden combinar modelos estatísticos ou baseados nas neuronas con información simbólica baseada en proposicións, patróns regulares, regras ou calquera recurso da linguaxe destinada a representar o coñecemento abstracto e estruturado.
O 15 de marzo abrirá o prazo para o envío de traballos.