CITIC

Investigadores do CITIC organizan unha xornada sobre microbioma

09/10/2019

Investigadores do CITIC organizan a xornada “I International Conference and Workshop: Microbiota: What´s cooking?”, que terá lugar o 10 de outubro en Padrón (A Coruña). Nesta conferencia participarán recoñecidos especialistas agrupados en tres perspectivas: científica, clínica e tecnolóxica.

O obxectivo da xornada é constituír un punto de encontro pioneiro e multidisciplinar que sirva como inspiración para accións de investigación que xeren novos protocolos de accións de coidado, incluíndo a creación de patentes de dispositivos de diagnóstico, pronóstico, terapia, control e monitorización. O fin último é mellorar a calidade do coidado e colaborar en mellóraa da sustentabilidade do sistema público de saúde.

A inscrición é gratuíta e libre ata completar aforo.

Inscricións en lab.rnasa.imedir@gmail.com