CITIC

Investigadores do CITIC organizan unha nova edición do eRisk

04/12/2019

Investigadores do CITIC, capitaneados por Javier Parapar xunto cos investigadores David Losada do CiTIUS da USC e Fabio Crestani da Universidade de Lugano, organizan unha nova edición do eRisk, que terá lugar en setembro de 2020 en Tesalónica (Grecia) no marco do CLEF 2020.

O obxectivo do eRisk é explorar metodoloxías de avaliación, métricas de efectividade e outros procesos relacionados coa detección temperá de riscos, para crear unha nova área de investigación interdisciplinaria que sexa potencialmente aplicable a unha ampla variedade de situacións e a moitos perfís persoais diferentes.

Os equipos participantes en eRisk 2020 terán que abordar dúas tarefas: detección temperá de danos autoinflixidos e medida da severidade dos signos de depresión a partir dos textos e interacción dos usuarios de redes sociais.

Neste momento está aberta a inscrición no lab e proximamente comezará a liberación de datos para os equipos participantes.

Máis información