Investigadores do CITIC participan nun proxecto sobre diabetes e obesidade no que buscan voluntarios
14/10/2019
Un grupo de investigadores do CITIC participa no proxecto “Obesidade e diabetes en Iberoamérica: Factores de risco e novos biomarcadores patoxénicos e preditivos” (IBEROBDIA). O obxectivo do mesmo é establecer, mediante ferramentas de tratamento masivo de datos, a frecuencia de factores de risco para o desenvolvemento de obesidade e diabetes tipo 2 nos diferentes países iberoamericanos participantes e identificar novos marcadores biolóxicos para o seu predición e diagnóstico.
Para iso, o equipo está buscando voluntarios: pacientes con risco a padecer diabetes. En primeiro lugar, realizarase un test de risco a padecer diabetes que, en caso de ser positivo, seleccionará ao voluntario para o recrutamento no proxecto. As persoas que non resulten positivas no test poderán ser tomados como controis.
A zona de recrutamento abarca toda a comunidade galega e será o grupo investigador o que se desprace ata o participante. Unha vez dentro do estudo, faránselle a cada voluntario as probas necesarias para o desenvolvemento do proxecto. A toma de mostras será levada a cabo unha soa vez e os resultados de cada un dos experimentos serán postos a disposición do participante, se así o desexa. Desde o primeiro momento de toma de datos persoais na primeira consulta, os datos serán anonimizados en cumprimento da Lei de Protección de Datos.