CITIC

Investigadores do CITIC presentan no prestixioso AAAI2020 os seus avances en procesamento de linguaxe natural

20/02/2020

Os investigadores en Procesamento da Linguaxe Natural do CITIC Carlos Gómez, David Vilares e Daniel Fernández González, asistiron en Nova York á 34th AAAI Conference on Artificial Intelligence (AAAI-20), congreso de referencia na investigación en Intelixencia Artificial. Alí presentaron dous traballos sobre análise sintáctica desenvolvidos no marco da ERC Starting Grant FASTPARSE.

  • “Discontinuous Constituent Parsing with Pointer Networks”: onde se presenta unha nova arquitectura de rede capaz de xerar as representacións de constituíntes discontinuos máis precisa ata a data.
  • “Parsing as pretraining”: onde se describe como lograron levar a cabo unha análise sintáctica completa baseándose unicamente en arquitecturas de preentrenamento.