17/07/2018
Investigadores do CITIC organizan a conferencia Indexación de coleccións altamente repetitivas, impartida polo investigador visitante do proxecto BIRDS e profesor da Universidade de Chile, Gonzalo Navarro. Terá lugar o próximo xoves 19 de xullo ás 12 horas no Seminario 3.1 da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
A conferencia céntrase no problema de técnicas de indexación como o FM-index, que non explotan de forma axeitada a alta repetividade das coleccións de xenomas de individuos dunha mesma especie. Actualmente, estase a traballar neste sentido para poder crear unha nova xeración de técnicas de indexación.