CITIC

CMS

Investigadores do CITIC participan na CMStatistics 2022 en Londres

22/12/2022 – CITIC

Os investigadores do CITIC Jorge Castiñeiras Rella e Ángel López Oriona participaron na “15th International Conference of the ERCIM WG on Computational and Methodological Statistics” (CMStatistics 2022) celebrada no King´s College de Londres, do 17 ao 19 de decembro, de maneira híbrida.

O traballo presentado por Jorge Castiñeiras na sesión Statistics and econometrics modelling and applications foi “Amount-dependent fraud detection considering aggregated losses”. A súa temática céntrase na aplicación de técnicas avanzadas de Machine Learning para detectar transaccións bancarias fraudulentas. Coa metodoloxía proposta conséguense mellores resultados que cos métodos clásicos, especialmente no que respecta a as transaccións de maior importe, que son as que preocupan ás entidades bancarias.

Ángel López presentou na sesión Clustering of complex data structures o traballo “Time series clustering based on prediction accuracy of global forecasting models” cuxa temática xira ao redor da aplicación conxunta de métodos de clustering e de predición de series de tempo. Mediante un algoritmo innovador, búscase crear grupos de series de maneira que cada un dos mesmos represente un patrón preditivo distinto. O método proposto é superior ás técnicas tradicionais en termos de efectividade preditiva.

A CMStatistics 2022 está organizada por CMStatistics e King´s Business School e celebrouse conxuntamente coa 16th International Conference on Computational and Financial Econometrics (CFE 2022). É unha conferencia de gran prestixio tanto pola calidade das súas publicacións como polo interese que suscita na comunidade científica.

< Volver a Novidades