CITIC
DIGFORASP

Investigadores do CITIC participan no sétimo encontro dos grupos de traballo da rede europea DigForASP en Cádiz

14/12/2021 – CITIC

Investigadores da área de ciberseguridade do CITIC participaron na 7ª Reunión de Grupos de Traballo (7th Working Group Meeting) celebrada en Cádiz pola COST Action DigForASP (Digital Forensics Evidence Analysis via Intelligent Systems and Practices). O programa, desenvolvido desde o 21 ata o 23 de outubro, incluíu sesións colaborativas e conferencias.

Nelas participaron os investigadores Julio Jairo Estévez Pereira, coa súa presentación titulada “Network Anomaly Detection Using Machine Learning Techniques”, e Martiño Rivera Durado e Rubén Pérez Jove, presentando “Analyzing ASLR behavior on Windows 10 and Ubuntu 18.04”.

A rede de traballo DigForAsp (CA17124) está financiada, desde 2018, polo Programa de Cooperación Europea en Ciencia e Tecnoloxía (COST), que busca fortalecer a investigación científica e técnica en Europa mediante a financiación do establecemento de redes de colaboración entre persoal investigador. DigForAsp constitúe a maior rede intergubernamental europea para a coordinación da investigación científica e técnica no campo da ciencia forense dixital, coa participación de máis de 200 especialistas e investigadores/as de 36 países.