CITIC

Investigadores do CITIC participan nunha conferencia de lingüística computacional e procesamento da linguaxe natural

14/06/2018

Os investigadores do Laboratorio FASTPARSE do Grupo LYS, pertencente ao CITIC, Carlos Gómez, David Vilares e Daniel Fernández, acaban de regresar de Nova Orleáns (EE.UU.) tras asistir á 16th Annual Conference of the North American Chapter of the Association for Computational Linguistics: Human Language Technologies (NAACL-HLT 2018). Trátase dunha conferencia de reputado prestixio internacional no ámbito da Lingüística Computacional e o Procesamento da Linguaxe Natural.

Os tres investigadores presentaron varios dos seus artigos, froito do traballo que levan a cabo na ERC Starting Grant FASTPARSE (Fast Natural Language Parsing for Large-Scale NLP) no ámbito da análise sintáctica baseada en dependencias e a análise semántica.

  • Improving Coverage and Runtime Complexity for Exact Inference in Non-Projective Transition-Based Dependency Parsers
  • A Dynamic Oracle for Linear-Time 2-Planar Dependency Parsing
  • Non-Projective Dependency Parsing with Non-Local Transitions
  • A Transition-based Algorithm for Unrestricted AMR Parsing

Máis información sobre os traballos