CITIC

Investigadores do CITIC presentan un traballo no ECAI, congreso de referencia internacional en Intelixencia Artificial

11/09/2020 – CITIC

Investigadores do CITIC presentaron un traballo no prestixioso ECAI 2020, (24th European Conference on Artificial Intelligence), que tivo lugar de forma virtual do 29 de agosto ao 8 de setembro. Trátase dun congreso de referencia internacional no ámbito da Intelixencia Artificial, que congrega anualmente aos mellores investigadores nesta disciplina. Os investigadores José Morano Sánchez, Álvaro Suárez Hervella, Noelia Barreira Rodríguez, Jorge Novo Buján e José Rouco Maseda presentaron o seu traballo “Multimodal Transfer Learning-based Approaches for Retinal Vascular Segmentation”.

Os investigadores do CITIC presentaron un traballo de imaxe médica oftalmolóxica no que se extrae a árbore arterio-venoso dun xeito innovador ao explotar modelos de xeración de imaxe de anxiografía de fondo de ollo a partir de retinografía usando e estudando diferentes arquitecturas de aprendizaxe profunda. Este traballo parte do resultado do traballo fin de grao do investigador do investigador do CITIC José Morano Sánchez, quen realizou a presentación oral no congreso.