CITIC
data 2021_award_

Investigadores do CITIC reciben un premio na conferencia DATA 2021

09/07/2021 – CITIC

Os investigadores do CITIC Nieves R. Brisaboa, Antonio Fariña, e Tirso V. Rodeiro, xunto co investigador da UDC Diego Otero González, recibiron un premio no 10th International Conference on Data Science, Technology and Applications (DATA). Foron galardoados co premio ao mellor paper polo seu traballo “An Efficient Representation of Enriched Temporal Trajectories”.

O 10th International Conference on Data Science, Technology and Applications (DATA), que se celebrou do 6 ao 8 de xullo, ten o obxectivo de reunir a persoal investigador e profesionais interesados en bases de datos, big data, minería, xestión e seguridade de datos e outros aspectos dos sistemas de información e tecnoloxía que involucran aplicacións avanzadas de datos.