Baixo o título “Research ethics- introduction”, o CITIC da UDC ofrece unha sesión informativa dirixida ao persoal investigador do centro sobre a importancia e o alcance dos aspectos deontolóxicos, metodolóxicos e xurídicos da ética da investigación. A conferencia estará impartida polo catedrático de Filosofía do Dereito da UDC e membro do Comité Bioético Español, José Antonio Seoane. Terá lugar na Sala Cloud do CITIC o xoves 22 de 16:00 a 18:30.
Durante esta xornada, proporcionaráselles ás persoas participantes unha visión xeral sobre a transcendencia das cuestións éticas no eido científico, que se detallarán en vindeiras sesións. Achegaranse, ademais, exemplos prácticos para dar conta da relevancia e da aplicación destes conceptos na práctica investigadora.
Nos próximos meses celebraranse as seguintes sesións, tamén da man de José Antonio Seoane e na que participarán outros expertos e expertas na materia.
Para asistir é necesario rexistrarse a través desta ligazón.