IV Congreso XoveTIC
O IV Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC, terá lugar en formato virtual os días 7 e 8 de outubro de 2021. Está destinado a investigadores/as junior (predoutorais e posdoutorais) que presentarán comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). O obxectivo é construir un espazo de encontro para o debate científico e contribuír deste xeito á súa formación.
O congreso, cuxa inscrición é gratuita, supoñerá unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido.
As contribucións ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros. Todos aqueles traballos que se acepten serán publicados nun libro de actas.
Concederanse cinco premios de 300 euros ás comunicacións orais mellor valoradas por parte do Comité Científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade.
DATAS
- Apertura do prazo de recepción de abstracts: 10 maio de 2021
- Peche do prazo de recepción de abstracts: 25 xuño de 2021
- Notificación de traballos seleccionados: 9 xullo de 2021
- Apertura do rexistro de asistencia: 9 xullo de 2021
- Peche do prazo de recepción de traballos definitivos: 23 xullo de 2021
- Peche do rexistro de asistencia: 1 outubrp de 2021
- Celebración do congreso: 7 e 8 de outubro de 2021
PROGRAMA
7 de outubro de 2021
- 09:00 h – 09:30 h Sesión de apertura
- 09:30 h – 10:15 h Conferencia plenaria I
- 10:15 h – 11:25 h Comunicacións orais I
- 11:25 h – 11:30 h.- Pausa
- 11:30 h – 12:30 h.– Comunicacións orais II
- 12:30 h – 12:40 h.- Pausa
- 12:40 h – 14:40 h.- Comunicacións orais III
- 14:40 h – 16:00 h.- Pausa
- 16:00 h – 17:00 h.- Comunicacións orais IV
- 17:00 h – 19:00 h.- Talleres
8 de outubro 2021
- 09:00 h – 09:45 h.- Conferencia plenaria II
- 09:45 h – 11:35 h.- Comunicacións orais V
- 11:35 h – 11:50 h.- Pausa
- 11:50 h – 12:50 h.- Comunicacións orais VI
- 12:50 h – 12:55 h.- Pausa
- 12:55 h – 13:25 h.- Sesión de pósteres I
- 13:25 h – 13:30 h.- Pausa
- 13:30 h – 14:00 h.- Sesión de pósteres II
- 14:00 h – 15:00 h.- Entrega de premios e clausura