CITIC

Javier Parapar realiza unha estancia de investigación en Google AI

11/11/2020 – CITIC

O investigador do CITIC Javier Parapar acaba de regresar da súa estancia como Visiting Faculty Researcher en Google AI en Londres. Durante oito meses, traballou no equipo de Sistemas de Recomendación.

Entre os traballos realizados durante a súa estancia estivo o de mellorar a licitación de preferencias de usuarios para sistemas de recomendación conversacionais mediante un modelo de diversificación baseado en bandidos bayesianos. Perfilar adecuadamente as preferencias dos usuarios é fundamental para coñecer de xeito fiable os intereses de novos usuarios e, polo tanto, poder xerar mellores recomendacións de ítems.

O modelo, que será publicado na ACM WSDM 2021 (14th ACM International Conference on Web Search and Data Mining), consegue melloras importantes non só na relevancia dos ítems recomendados, senón tamén na súa diversidade e serendipia.