Joaquim de Moura e Plácido Lizancos participan no IEEE CBMS 2021
14/06/2021 – CITIC
Os investigadores do CITIC Joaquim de Moura e Plácido Lizancos participaron no 34th IEEE International Symposium on Computer-Based Medical Systems (IEEE CBMS 2021) presentando os seus traballos no ámbito da intelixencia artificial. O evento celebrouse do 7 ao 9 de xuño de forma virtual.
Nos traballos presentados, os investigadores propuxeron o uso de técnicas avanzadas de procesamiento de imaxes médicas intelixencia artificial para deseñar sistemas de apoio ao diagnóstico de diferentes patoloxías mediante a análise automática de imaxes oftalmológicas. Así, os proxectos presentados foron:
- “Automated Segmentation of the Central Serous Chorioretinopathy fluid regions using Optical Coherence Tomography Images” de Joaquim de Moura, Jorge Novo, Marcos Ortega, Noelia Barreira e Manuel González Penedo.
- “Comparative and Behavioural Analysis of a Diffuse Paradigm for the Evaluation of Diabetic Macular Edema in OCT images” de Plácido Lizancos, Joaquim de Moura, Macarena Díaz, Jorge Novo e Marcos Ortega.
- “Automatic segmentation and estimation of ischemic regions in OCT angiography scans” de Macarena Díaz, Plácido Lizancos, Jorge Novo, Marcos Ortega e Manuel González Penedo.
O IEEE CBMS é a principal conferencia para sistemas médicos baseados en computadora e unha das principais conferencias dentro dos campos da informática médica e a informática biomédica. Permite, ademais, o intercambio de ideas e tecnoloxías entre científicos académicos e industriais. A conferencia está organizada pola IEEE Computer Society en cooperación co IEEE Technical Committee on Computational Life Sciences.