CITIC

Jorge Castiñeiras e Ricardo Cao imparten dúas charlas nun workshop da rede ATMS na KU Leuven

12/05/2023 - CITIC

A semana pasada os investigadores do CITIC Ricardo Cao e Jorge Castiñeiras impartiron dúas charlas nun workshop organizado pola rede Asymptotic Theory for Multidimensional Statistics (ATMS) na KU Leuven (Bélxica).

O 4 de maio, Jorge Castiñeiras presentou “Cost-sensitive parametric classifiers”, en relación co seu traballo de doutoramento industrial no CITIC, conxuntamente coa empresa ASF, sobre modelización estatística do fraude.

Pola súa banda, Ricardo Cao, interveu o día 5 de maio coa súa charla “Single-index mixture cure models. An application to a study of cardiotoxicity in breast cancer patients”, baseada nun estudo sobre predición do risco de cardiotoxicidad en cancro de mama, que realizou conxuntamente coas investigadoras do CITIC Beatriz Piñeiro Lambas e Ana López Cheda.