CITIC
AyCriMA-2021_

José Luis Calvo Rolle ofrece unha charla nas Xornadas sobre a Automática e o Control na redución do impacto ambiental

27/10/2021 – CITIC

O investigador do CITIC José Luis Calvo Rolle impartirá o vindeiro xoves 28 de outubro a charla “Técnicas intelixentes para a optimización e a mellora da eficiencia dunha vivenda bioclimática”, dentro das Xornadas sobre a Automática e o Control na redución do impacto ambiental, organizadas desde a Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e que terán lugar na Escola de Enxeñería de Bilbao.

O investigador do CITIC foi convidado como relator debido á súa experiencia no ámbito das vivendas bioclimáticas e a aplicación das técnicas de control nos procesos que interveñen no mesmo.

O evento ten como obxecto achegar solucións reais e prácticas onde as técnicas de control e automatización permitiron levar a cabo soluciones tecnolóxicas que ofrecen alternativas máis ecolóxicas, máis eficientes e que reducen o impacto ambiental, como son as plantas desalinizadoras, o aproveitamento da enerxía xeotérmica e das ondas, e a eficiencia enerxética, tanto en ámbito domiciliario como en grandes instalacións.