CITIC

A Comisión Europea organiza o hackatón "EU vs virus”

23/04/2020

A Comisión Europea, a través do Consello Europeo de Innovación e en colaboración cos Estados membros da UE, organiza o hackatón europeo “EU vs virus”, que se celebrará do 24 ao 26 de abril. O hackatón ten o obxectivo de conectar á sociedade civil, innovadores, socios e inversores de toda Europa co fin de desenvolver solucións innovadoras para os desafíos relacionados co coronavirus. Os participantes terán 48 horas para colaborar a través de diferentes plataformas online e construír unha solución dentro das áreas de desafío.

Lanzaranse distintos retos nos ámbitos da saúde; aplicacións para negocios; cohesión social e política; teletraballo e teleformación; e financias dixitais, ademais de recoller novas ideas por parte dos participantes, relacionados todos eles co novo contexto económico e social provocado polo COVID-19.

O rexistro permanece aberto e o próximo 30 de abril coñeceranse os proxectos ganadores nunha cerimonia de premios en streaming.

Máis información