CITIC

A FIC acolle unha conferencia sobre plataformas de economía colaborativa

13/03/2019

Este xoves 14 de marzo celébrase na Facultade de Informática da Universidade da Coruña a conferencia “Competition between Two-Sided Platforms under Demand and Supply Congestion Effects”, organizada por investigadores do CITIC.

A charla será impartida polo profesor de The Fuqua School of Business da Duke University, Fernando Bernstein, e explorará o impacto da competencia entre plataformas na economía colaborativa. Terá lugar ás 12.30 horas na Aula de Graos Víctor Gulías e a asistencia é libre e gratuíta ata completar aforo.