CITIC

A GAIN lanza a segunda convocatoria do programa de axudas Industrias del futuro 4.0

05/06/2018

O D.O.G. do 4 de xuño recolle a resolución da Axencia Galega de Innovación (GAIN) que establece as bases reguladoras da segunda convocatoria de axudas  do programa Industrias do futuro 4.0.

Obxectivos: Estas axudas teñen a finalidade de fomentar o investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego.

Beneficiarios: 

  • Empresas industriais cun establecemento estable en Galicia que poidan liderar proxectos de I+D+i. Atendendo ao seu tamaño poden ser pequenas, medianas e grandes.
  • Agrupacións dunha empresa ou empresas  e un organismo de investigación que realicen proxectos en cooperación.

Características dos proxectos: 

  • Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en materia de organización e procesos. Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou en cooperación.
  • Deberán ser estratéxicos para a renovación do modelo produtivo actuando como tractores nos ámbitos máis destacados da economía de Galicia.
  • Deberán caracterizarse por un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras ( TFE) para obter procesos e produtos de alto valor engadido en liñas coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e a da Industria 4.0.
  • Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou en cooperación.
  • A duración mínima dos proxectos será de dúas anualidades e a máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2020.

Orzamento subvencionable: Os proxectos deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 4 millóns de euros e un máximo de 10 millóns de euros. 

Intensidade da axuda: Dependendo do tipo de empresa e tipo de proxecto, a intensidade vai desde un 15% ata un 80%.

Actividades subvencionables: Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e procesos.

Prazo de presentación de solicitudes:

Primeira edición:  Desde o 5 de xuño de 2018  ata o 4 de xullo de 2018.

Segunda edición: desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión da primeira edición no D.O.G. ata o 28 de setembro do 2018.