29/07/2020
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Comissao de Coordenaçao e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N) elaboraron recentemente unha guía de todos os programas europeos de I+D+i vixentes no marco da RIS3T Transfronteriza, a través do proxecto Impact RIS3T, financiado polo programa Interreg POCTEP 2014-2020.
A guía recompila máis de cen convocatorias abertas de programas europeos de I+D+i e clasifícaas segundo as seis áreas estratéxicas de especialización intelixente da Estratexia Transfronteiriza RIS3T. As datas de peche van desde este próximo mes de agosto ata o ano 2021.
Os programas europeos de I+D+i, como Horizon 2020, ofrecen unha oportunidade única para impulsar proxectos de cooperación interterritorial entre rexións como Galicia e o norte de Portugal.