CITIC

A GAIN e a Consellería de Educación lanzan dúas convocatorias conxuntas: contratos predoutorais e axudas para grupos de referencia competitiva

01/02/2019

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publican dúas convocatorias conxuntas: os contratos predoutorais para persoal investigador e as axudas para grupos de referencia máis competitivos do Sistema galego de I+D+i. Estas liñas de axuda están dirixidas ao Sistema Universitario de Galicia (SUG), organismos públicos de investigación, fundacións de investigación sanitaria e os centros en Galicia do CSIC e do IEO.

Por unha banda, o obxectivo do programa de contratos predoutorais é fomentar a formación do persoal investigador dende etapas iniciais. Inclúe estadías de tres meses de duración no estranxeiro cun importe mínimo de 6.000 euros en función do destino.

Por outro lado, o obxectivo das axudas para grupos de referencia é o de asegurar un financiamento estrutural e continuado, permitindo a consolidación tanto de grupos de referencia competitiva coma de potencial crecemento.  

Máis información