CITIC

A investigadora do CITIC Michalina Strzyz participa no EurNLP Summit invitada por Facebook

16/10/2019

A investigadora do CITIC Michalina Strzyz asistiu da man de Facebook á primeira edición do EurNLP Summit, que tivo lugar o 11 de outubro en Londres. Alí presentou o seu traballo “Learning Parsing Representations as Sequence Tagging”, en coautoría con David Vilares e Carlos Gómez, tamén investigadores do CITIC.

O EurNLP Summit está organizado polo xigante das redes sociais Facebook e esponsorizado por Google e DeepMind, a compañía filial de Google especializada en IA. O obxectivo do evento é fomentar o debate e a colaboración entre investigadores do ámbito do Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) tanto do mundo académico como da industria.