A investigadora Michalina Strzyz participa no CICLing 2019 en La Rochelle
09/04/2019
A investigadora predoutoral do Laboratorio FASTPARSE do Grupo LYS do CITIC, Michalina Strzyz, asiste estes días á 20th International Conference on Computational Linguistics and Intelligent Text Processing – CICLing 2019. Esta conferencia, celebrada este ano en La Rochelle (Francia), conta cunha ampla e recoñecida traxectoria a nivel internacional no ámbito do Procesamento da Linguaxe Natural.
A investigadora presenta o seu traballo “Speeding up Natural Language Parsing by Reusing Partial Results”, desenvolto no marco do proxecto FASTPARSE (ERC Starting Grant) xunto co seu director, Carlos Gómez-Rodríguez. Neste artigo os autores propoñen unha novedosa técnica que aplica o razoamento baseado en casos para a xeración de plantillas reutilizables correspondentes a fragmentos de árbores de análise sintáctica. Ditas plantillas, baseadas en bigramas e trigramas de etiquetas morfosintácticas (PoS tags), aproveitan o feito de que fragmentos de oración similares adoitan ter análises similares. O obxectivo deste enfoque é mellorar a velocidade dos analizadores de dependencia ao evitar cálculos redundantes.