A investigadora Thais Pousada continúa ofrecendo formación en colaboración con diferentes entidades
05/05/2020
A investigadora da área de Intelixencia Artificial do CITIC, Thais Pousada, continúa ofrecendo formación, a través de webinars, en colaboración con diferentes entidades. Os cursos que impartiu durante as últimas semanas son os seguintes:
- Todos os martes de marzo e abril impartiu formación para a inserción laboral de mulleres migrantes coa ONG Mestura.
- 16 de abril impartiu o relatorio “Entendendo a Estatística: Aplicación a Terapia Ocupacional” organizada polo Colexio de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA).
- 29 de abril ofreceu un webinar na plataforma Miríadax sobre “Coidado do propio corpo: Consellos para unha boa hixiene postural”, enmarcado no ciclo de sesións #YoMeQuedoEnCasa promovido pola plataforma. A sesión foi seguida por persoas de diferentes países.
Por outra banda, o 30 de abril participou por invitación da organización nunha reunión da Rehabilitation Engineering and Assistive Technology Society of North America (RESNA). O relatorio “AT provision in the estafe of COVID-19” tivo o obxectivo de abordar o impacto do COVID-19 no proceso de prescrición e provisión de produtos e tecnoloxías de apoio a nivel internacional, sendo unha oportunidade para aprender sobre como promover a entrega de tecnoloxía de apoio e protexer á poboación vulnerable durante esta crise.