CITIC

A investigadora Thais Pousada ofrece teleformación en colaboración con entidades sen ánimo de lucro

07/04/2020

A investigadora da área de Intelixencia Artificial do CITIC, Thais Pousada, está ofrecendo teleformación, a través de webinars, en colaboración con diferentes entidades sen ánimo de lucro. Os cursos que impartiu son os seguintes:

– Formación para mulleres e a súa inserción laboral: Coidados do corpo durante as mobilidades e coidados da pel de persoas con dependencia (ONG Mestura)

– Webinar e coloquio para as familias (Federación Española de Enfermedades Raras)

  • Estimulación sensorial
  • Recursos de acceso ao curriculum en educación

– Webinar e coloquio para familias e profesionais (Duchenne Parent Project España)

  • Tecnoloxías e produtos de apoio
  • Adaptacións para o acceso ao vehículo e a condución
  • Recursos para a comunicación e acceso ao ordenador

Ademais, tamén impartirá un webinar o próximo 29 de abril sobre hixiene postural e ergonomía, enmarcado no ciclo de sesións a través de Instagram promovido por Miríadax.